611 683 343 hola@denaisweb.com

Despois da chuvia

16

“Despois da chuvia” é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións- e encomenda esas tarefas a outros animais.
Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela de Album Ilustrado están presentes a solidariedade e o traballo en equipo na busca do ben común, que non depende do luxo, senón de elementos esenciais -e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas. Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motiva
a desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabará sorprendendo cunha valiosa achega que supera as expectativas de todos. O protagonista deste relato enterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente- pretende conseguir o inacadable.

Agotado

Se dice, se comenta...

Volver arriba

10% de descuento

Déjanos tu email y ¡recibirás un 10% de descuento para tu primera compra!
LO QUIERO
Y además te enviaremos consejillos, novedades y descuentos exclusivos
close-link