A última fronteira
17.50€
Esta é unha historia íntima e tenra, chea de calor e corazón, sobre unha viaxe planificada desde hai moito tempo a un lugar moi especial. È unha celebración da aventura, a natureza e un vínculo especial entre un avó e o seu neto.
Este libro explora sen moralismos a necesidade de protexermos e preservarmos os espazos salvaxes e os hábitats naturais a través dunhas ilustracións impactantes cheas de cores e texturas rechamantes que evocan á perfección a emoción da viaxe e a marabilla das vastas paisaxes naturais.
O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: un lugar especial e difícil de atopar cheo de criaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende a arume de piñeiro, un lugar que só viron nunha postal. Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada para preparárense para a súa aventura. Despois zarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animado cheo de tendas, onde parece que ninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dos seus soños ou nunca poderán atopalo?
Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora a través dun carrusel de imaxes en movemento temas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxes salvaxes, ao tempo que, de forma paralela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súas dimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal.
Sin existencias
Se dice, se comenta...
Tengo varios productos y estoy encantada. Tela suave y de calidad, diseños súper bonitos y el trato excelente. Repetiré sin duda!
He comprado varias veces cositas para mi peque y estamos encantados! Los diseños son súper bonitos y todo es súper práctico, piensan en todo! Sin duda seguiré comprando cositas para el peque!
100% recomendable, atención, calidad, precio… todo. Todo un descubrimiento, con todo lo que las mamás y nuestros pequeños necesitamos.
Ya no se cuantos pedidos he hecho pero desde el primero ya pense en hacer más. Gran calidad y mimo en todo lo que hacen, una gran atención al detalle y a los gustos que tu les expones. Gran equipo de personas. Recomiendo 100%.
Si buscas lo mejor para tu bebé aquí lo encontrarás. Diseños preciosos, telas de mucha calidad y hecho a mano. Si necesitas contactar o dudas te ayudan en la elección. Yo pedí una mantita y el cambiador. Estoy enamorada!!!. Es todo monísimo. Ahora estoy pensando comprar para hacer un regalo…
Mi peque ya tiene 4 años y les pedí una capa de baño grande que pudiese aprovechar algún tiempo más. Me confeccionaron una adaptada a las medidas que necesitaba y súper amorosa, estamos encantados.





